Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra. Escolma de textos
Sinopse
Aquilino na súa vida de ensinante mostrou plenísima vocación á que se xunguía o seu saber e a súa creación literaria. Foi un magnífico Profesor, eximio poeta, eminente filólogo e esclarecido tradutor. Galicia débelle a este escritor a defensa máis singular da súa lingua falante, pola recollida de palabras, polos seus estudos e polo garboso emprego en toda a súa obra tanto poética como de tradución. Por tantos méritos é moi xusto que Galicia lle dedique este recordo do Día das Letras Galegas.
Escolma de textos e introdución biográfica de Aquilino Iglesias Alvariño realizadas por Antonio Fraguas co gallo do Día das Letras Galegas de 1986.
Contido:
- Aquilino Iglesia Alvariño
- Escolma
- De Corazón ao vento
- De Cómaros verdes
- De De día a día
- De Lanza de soledá
- De Segunda vocación de Adrián Silva
Colección
Categorías
Detalles sobre este monográfico
Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-600-4351-7
Número de depósito legal (17)
VG. 113-1986
Data de publicación (01)
1986