Ramón Otero Pedrayo. Vida e obra: escolma de textos

Ramón Otero Pedrayo
Autor/a
Carlos Casares
Editor/a literario/a

Sinopse

A obra que ten nas mans ofrece unha escolma da produción como articulista, ensaísta, narrador, dramaturgo e poeta de Ramón Otero Pedrayo, autor dunha vastísima obra, a máis voluminosa que ningún outro escritor galego teña feito ata agora, que non se pode desligar do compromiso que adquirira en 1918, cando empezara a participar activamente no movemento político e cultural iniciado polas Irmandades da Fala. Con moi raras excepcións, toda ela versa sobre Galicia. Como narrador é un dos fundadores da moderna prosa galega, podéndose dicir que o papel que respecto da lírica desempeñaron os poetas no século XIX, dun xeito especial Rosalía, Pondal e Curros, é o que a el lle corresponde no século XX no campo da épica.

Escolma de textos e introdución biográfica de Ramón Otero Pedrayo realizadas por Carlos Casares co gallo do Día das Letras Galegas de 1988.

 

Contido:

  • Introducción
    • Vida e obra de Otero Pedrayo
  • Escolma
    1. Artículos
      • A terra prometida
      • A masa neutra e indiferente
      • Saudade
      • Vidas
      • A chegada da mestriña nova
      • Pobre reló calado
      • Sonata docemente sentimental
    2. Ensaios
      • Encol da aldea
      • O estilo da paisaxe
      • Lembranza de Goethe
    3. Narracións
      • Pantelas, home libre
      • O fidalgo
      • A revolta de Casdenón
    4. Teatro
      • A estadea
      • O borracho
      • As bodas do portugués
    5. Poemas
      • Domingo de outono
      • Nouturnio
      • O quinqué de petrolio
      • Pan galego
      • O xamón
      • Ao lonxe
      • O camiño vello de pousada
      • O corazón na man
      • A casa soia
      • Noite compostelán
Cuberta para Ramón Otero Pedrayo. Vida e obra: escolma de textos
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Formato (03)
Edición impresa
ISBN-10 (02)
84-600-5366-0
Número de depósito legal (17)
VG. 131-1988
Data de publicación da versión impresa (19)
1988