Galicia en el comercio marítimo medieval
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Galicia en el comercio marítimo medieval é un fito na historiografía sobre a Galicia da Idade Media. A tese de doutoramento de Elisa María Ferreira non coñece precedente algún no intento de enfrontar globalmente as relacións comerciais galegas de longa distancia, na súa proxección interna e externa, durante o período medieval. Por vez primeira o comercio marítimo constitúe o centro dunha investigación abordada da única maneira pertinente, desde Galicia e desde os diversos lugares cos que aquela establece a súa relación de intercambios.
Estruturado en dúas grandes partes, o libro presenta, na primeira, a base comercial galega e, na segunda, traza as liñas que a unen cos distintos puntos aos que alcanza a súa relación de intercambios. O estudo dos condicionamentos naturais e sociais, dos artigos de intercambio, dos homes máis directamente implicados −pescadores, mariños e mercadores− explica as vantaxes e inconvenientes con que se produce a inserción de Galicia na intensificación do comercio marítimo que caracteriza á Europa do século XII en diante.