Luís Pimentel

Luís Pimentel

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-600-7443-9

Número de depósito legal (17)

VG. 183-1990

Data de publicación (11)

1990

Autores/as

Luís Pimentel
Autor/a
Real Academia Galega
Editor/a literario/a

Resumo

Luís Pimentel naceu en Lugo no ano 1895 e en Lugo morreu en 1958. Só se ausentou temporalmente da súa cidade para estudar Medicina en Santiago e para os estudos de doutoramento en Madrid. Esa identificación íntima coa cidade luguesa aparece ben reflectida na súa poesía e forma parte esencial da súa biografía.

Sobre a obra poética de Pimentel contamos xa con moi valiosos estudos, que nesta ocasión se incrementarán e que, pola importancia perenne da mesma, tamén será perenne o interese dos estudosos no decorrer dos tempos. Mesmo por iso, consideramos de interese nesta ocasión ocuparnos con preferencia do poeta coa modesta intención de aclarar algúns equívocos que poden desorientar o coñecemento obxectivo da realidade.

Escolma de textos e introdución biográfica de Luís Pimentel realizadas por Ramón Piñeiro co gallo do Día das Letras Galegas de 1990.

 

Contido

  • Limiar
    • Algunhas consideracións sobre Luís Pimentel
  • Poesía en galego
    • De Sombra do aire na herba
    • De Triscos
    • Outros poemas
  • Poesía en castelán
    • De Barco sin luces

Descargas