Diccionario da lingua galega

Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Este dicionario ofrece a posibilidade de coñecer, co seu manexo, o uso das palabras que coidamos máis importantes do fondo léxico do galego contemporáneo. Velaí están as dúas principais características que configuran e moldean esta pequena obra: a súa atención ao uso das palabras na lingua polos falantes e a limitación, intencionada, no número das entradas así coma no das súas acepcións.
O resultado é un corpus dunhas 12.000 entradas que dan conta, sobexamente, do léxico fundamental do galego común, isto é, das palabras máis importantes para a comunicación, incluíndo tamén os termos fundamentais dos diversos léxicos específicos (técnicos, científicos etc.), aqueles termos máis achegados ou integrados no núcleo léxico de uso.