Vocabulario ortográfico da lingua galega: (versión provisional)
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
O Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega non é un dicionario. A nosa intención é facer un índice de entradas dun dicionario de lingua e poñer orde na profusión de variantes dialectais ofrecendo unha escolla que sirva para o establecemento do modelo estándar da lingua galega.
Esta é unha versión “provisional” do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega, da que somos conscientes de que é moi revisable. Ten un carácter orientativo e queda á espera dunha versión definitiva. Sabemos que ten que haber moitas rectificacións polas nosas omisións, pola inclusión de voces inútiles, por incongruencias e por erros debidos a descoidos ou ignorancia. O texto ponse en circulación coa finalidade de escoitar as suxestións, consultas e queixas.