Noción, religación, trascendencia: o coñecemento de Deus en Amor Ruibal e Xavier Zubiri
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Estamos ante un libro de grande envergadura. Un libro no que o seu autor, Andrés Torres Queiruga, trata de se meter pola selva inextricable de dous filósofos importantes. Por un lado, Amor Ruibal. Polo outro, Xavier Zubiri. Mais o propósito de Queiruga non é o de dar paseatas máis ou menos eruditas a través dos eidos, decote difíciles, de sistemas de pensamento complexos −aínda que clarísimos− e esixentes −aínda que acolledores.
O móbil do noso autor non é outro que o de pescudar nas analoxías e nas diferenzas que aproximan, e afastan, os dous filósofos na pescuda do coñecemento de Deus. É posible tal coñecemento? E se o é, gardan algunha relación as profundizacións do pensador galego coas do pensador vasco? Hai no primeiro, por ventura, algunha prioridade conceptual, algún albiscar, algunha facilitación do vieiro que, máis tarde, tería de percorrer o segundo meditador? E, en última instancia, en que consiste o furar do un e do outro verbo do misterio –“doroso misterio”− da posibilidade de atoutiñar a faciana divina, a súa dinámica, e os seus inquietantes límites?
Tese de doutoramento presentada en 1988 por Andrés Torres Queiruga, baixo a dirección do Dr. D. Carlos Amable Baliñas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela.