Léxico administrativo castelán-galego
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Nun momento en que a lingua chega a ámbitos que anteriormente lle estaban vedados, xorde a necesidade de contar cos instrumentos precisos para resolver as dúbidas terminolóxicas que se presenten. É especialmente urxente a fixación dun léxico estándar no espazo da administración, e de aí a elaboración deste Léxico da administración.
Quixemos que este traballo resultase sobre todo un instrumento útil, e movidos por este criterio de operatividade incluímos palabras que, sen pertenceren especificamente a este eido, poden aparecer nun informe, nun diario oficial, nunha resposta a unha instancia etc., e que, en moitos casos, presentan problemas de tradución que non se poden resolver doadamente cos dicionarios de galego que existen hoxe no mercado.
O repertorio de voces que se encontra neste volume realizouse coas palabras que ían saíndo no traballo cotián ao traducirmos leis, regulamentos, modelos de formularios etc., e completouse botando man dunha serie de fontes lexicográficas que cobren este ámbito.
O usuario deste Léxico atopará ao cabo del uns apéndices con información complementaria que non dubidamos que ha de resultar de grande utilidade nos labores de redacción e comprensión dos textos administrativos. Incluímos unha listaxe dos concellos galegos cos seus respectivos xentilicios e mais unha relación de siglas de uso frecuente.