Vida e obra de Francisco Añón
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Na tese doutoral do profesor Bel amósase ao lector o corpus, hoxe por hoxe máis extenso, da obra poética de Añón: 153 composicións, das cales 14 son inéditas. Ademais do mérito cuantitativo, non pequeno, o corpus ofrecido por Bel contén outras achegas, algunhas tan valiosas como a datación, en 1845, dunha composición tan importante como “Recordos da infancia”. A partir do estudo e da edición do profesor Bel Ortega estamos en condicións bastante precisas para facer unha lectura axeitada da obra literaria de Añón e para precisar a súa presenza e a súa incidencia dentro do noso Prerrexurdimento.
Tese de doutoramento presentada por Fernando Bel Ortega, baixo a dirección do Dr. D. Xosé Luís Couceiro Pérez, profesor titular de Literatura Galega na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Setembro de 1985.