Os Eoas: (unha aproximación)

Os eoas

Descargas

Colección

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-604-4473-2

Número de depósito legal (17)

C. 1370-1992

Data de publicación (11)

1992

Autores/as

Eduardo Pondal
Autor/a
Amado Ricón Virulegio
Editor/a literario/a
Real Academia Galega
Editor/a
Fundación Barrié
Editor/a

Resumo

Figura neste volume o poema épico inédito de Eduardo Pondal Os Eoas que trata da descuberta de América e no que o poeta de Bergantiños, seguindo os moldes da épica clásica e renacentista, crea o primeiro monumento deste xénero literario escrito na nosa lingua galega, símbolo da personalidade lingüística e cultural de Galicia, ademais de ser unha nova mostra da singular capacidade artístico-poética do sobranceiro fillo de Ponteceso.

Trátase do gran poema épico escrito por Eduardo Pondal, inédito até o de agora polas enormes dificultades que a ordenación e transcrición do orixinal suscitaba e que ata o rigoroso e esforzado traballo de Amado Ricón, parecía tarefa insuperable. A súa publicación foi considerada por algún intelectual como a máis importante noticia literaria galega do século.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.