Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego: 15ª ed.
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
No ano 1982 aprobouse nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega a primeira edición das Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Desde aquela as dúas institucións non cesaron de realizar estudos cada vez mais profundos e documentados sobre a historia e a realidade actual da nosa lingua. A esta altura pareceunos necesario facer un exame pausado do texto normativo que nos levou ao fondo convencemento da súa bondade, da súa solidez científica e da plena validez dos principios que o inspiran. Non obstante, consideramos a conveniencia de realizar pequenas modificacións puntuais, de reforzar algúns dos argumentos e, sobre todo, de cubrir algunhas lagoas que presentaba a versión do ano 1982. O resultado é este texto, revisado, actualizado e ampliado, que foi aprobado polo Consello Científico do Instituto da Lingua Galega o día 11 de novembro de 1994, e pola Real Academia Galega en sesión extraordinaria do día 25 de febreiro de 1995.