Nuevo Suplemento al Diccionario Gallego-castellano publicado en 1884
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
En setembro de 1996, un século despois de que don Marcial Valladares rematase este Nuevo Suplemento al Diccionario Gallego-castellano, dábase a coñecer publicamente. Co suplemento, Valladares pretendía completar o seu dicionario aparecido uns anos antes, que, segundo laudatorias palabras de Carballo Calero “supera ampliamente aos seus predecesores, dos que, naturalmente, se aproveita. O seu Diccionario serve de base a todos os posteriores. É o primeiro diccionario verdadeiramente maduro [...] puxo os fundamentos do estudo da nosa lingua”.
A obra lexicográfica de Marcial Valladares segue a pauta propia da lexicografía castelá de finais do século XIX e á vez presenta certas características que o diferencian doutras obras contemporáneas: vocabulario pertencente ao galego vivo, marca do timbre vocálico con precisión e con coherencia, presenza de termos comúns ó castelán, ausencia de afán normativista, profusión de exemplos autorizando o lema, orixe dalgunhas palabras...
O labor lexicográfico de Marcial Valladares é realmente encomiable, non só en canto á cantidade (máis de 13.000 voces recollidas) senón tamén canto á calidade: aplicaba criterios na selección léxica e traballaba con escrúpulo e con curiosidade. Dedicoulle á lexicografía unha boa parte da súa vida, ata que a saúde non lle permitiu seguir.