Vocabulario gallego-castellano de Juan Manuel Pintos
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Xoán Manuel Pintos deixounos unha boa descrición do estado da lingua na súa época, a través fundamentalmente da obra La gaita gallega e deste vocabulario galego-castelán. Nesta tarefa atópase con algún problema; fundamentalmente a falta dunha tradición escrita e a gran variedade da lingua oral, variedade que el, consciente da falta de norma, como afirma en La gaita gallega, opta por recoller na medida das súas posibilidades, sen prexuízos, e reflectila neste vocabulario, que presenta con profusión todo tipo de variacións lingüísticas: léxicas, fonéticas, morfolóxicas etc.
O manuscrito consta de 97 páxinas, nas que se recollen unhas 7100 palabras. Nas súas liñas fundamentais pódese definir esta obra como un vocabulario galego coas equivalencias en castelán, coas entradas ordenadas alfabeticamente; un vocabulario da lingua común que abrangue o léxico vivo do momento, como o testemuñan as distintas variedades populares (seseo, a nivel fonético, vulgarismos, a nivel léxico-morfolóxico) e os dialectalismos do sur de Pontevedra, convivindo cunha boa colleita de formas cultas e sen recorrer en exceso, xeralmente, a formas arcaicas.