Diccionario gallego-castellano
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
O 29 de maio de 1908 Francisco Porto Rey doáballe á Real Academia Galega “un voluminoso manuscrito, especie de Diccionario gallego casi completo, de que es autor el propio donante”. Una parte desta obra foi publicada por fascículos en 1900, no semanario Villagarcía-Carril. Periódico Semanal Satírico-Cómico. Tras seis entregas e sen esclarecer os motivos, interrompeuse a súa publicación.
Este dicionario responde a todas as características principais das obras lexicográficas decimonónicas. Trátase dun dicionario bilingüe, coas entradas en galego e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas. Recompila moitos lemas directamente da fala, de obras literarias e doutros textos escritos. Como novidade respecto aos dicionarios anteriores, proporciona a categoría gramatical dos lemas e ademais inclúe outros datos como a procedencia ou étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence.