Rosalía de Castro traducida ó latín e cantada en latín e grego clásico: (noticia e textos): homenaxe ó profesor Sergio Alvarez Campos

Rosalía de Castro traducida ó latín

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-87668-20-8

Número de depósito legal (17)

C. 1942-2003

Data de publicación (11)

2003

Autores/as

Xesús Alonso Montero
Autor/a

Resumo

O Centro de Estudios Rosalianos, da Fundación Rosalía de Castro, ofreceulles esta obra aos asistentes ao XI Congreso da Sociedade Española de Estudios Clásicos, que tivo lugar na Universidade de Santiago de Compostela do 15 ao 20 de setembro de 2003. Para esta ocasión o noso Centro preparou un volume de tema rosaliano intimamente vencellado coas linguas que van ser estudadas no magno Congreso compostelán. Deste xeito, Rosalía de Castro, que naceu en Santiago un 23 de febreiro, dálles, á súa maneira, a benvida aos congresistas.

Neste modesto volume o Centro de Estudios Rosalianos tributa unha pequena homenaxe ao P. Sergio Álvarez Campos (1924-1994), que foi profesor de Lingua Latina nesta Universidade, con entrega e decoro, durante moitos anos. En realidade, a nosa homenaxe non é ao profesor e ao investigador; é a homenaxe, afervoada, ao poeta en latín, ao poeta que cantou na lingua de Virxilio a Rosalía, e tamén ao rigoroso latinista que traduciu á lingua de Horacio dous poemas nos que os seus autores, Curros Enríquez e García Lorca, cantan á nosa Cantora.

 

Contido

  • Nota preliminar
  • Atrium
  • Un poema de Rosalía de Castro traducido ó latín (1927)
    • Do poema
    • Do tradutor: o P. Tomás Viñas de San Luis
    • O poema de Rosalía e a tradución latina
  • Dous poetas de hoxe cantan, en latín, a Rosalía
    • Poetas galegos en latín nos tempos modernos
    • Gregorio San Juan, poeta polilingüe
    • “In Rosaliam carmen” do P. Sergio Álvarez Campos
      • Investigador, profesor e poeta en latín
      • Cantor de Rosalía en latín
  • “A Rosalía”, de Curros Enríquez, traducido ó latín e ó grego clásico
    • O P. Sergio Álvarez Campos, tradutor ó latín de dous excelsos poetas galegos: Mendiño (séc. XIII) e Curros Enríquez (séc. XIX)
    • Isidoro Millán traduce o mesmo poema de Curros ó grego clásico
  • Un poema rosaliano de García Lorca (1935) traducido ó latín polo P. Sergio Álvarez (1994)
  • Apéndice. Sergio Álvarez Campos: "Eu, poeta en latín", 1993

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.