Dicionario Galego de Televisión
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
O Dicionario Galego de Televisión é unha proposta que nace da necesidade urxente de lle procurar un nome galego a cada elemento da produción televisiva, que nos permita comprender e identificar a que nos estamos a referir en cada momento desde as distintas especialidades que interveñen nela: a telecomunicación, a iluminación, a edición, a preprodución, a redacción xornalística, a programación, a análise de audiencias, a deontoloxía, a teoría da comunicación, a xestión de medios etc.
Na súa elaboración tívose a vontade de ofrecer a través del algo máis ca un compendio de termos e procurouse ir trazando un deseño básico do funcionamento da televisión mediante a explicación das palabras coas que os técnicos se refiren cada día aos distintos aspectos do seu traballo.
Así, a escolla da relación de lemas desta obra foi baseada non só en obras terminolóxicas, senón, e sobre todo, en textos de uso profesional, en documentación de empresas de servizos televisivos, editados ou de circulación electrónica, e en fontes orais. Ao pé dos termos máis usuais do medio, incorporáronse nomes de estándares, de organismos reguladores, dos principais operadores, nun formato lexicográfico aberto, de certo carácter enciclopédico, que procura, a través de algo máis de 3000 definicións, introducir o lector no mundo da televisión.