Poesías
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-10 (02)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Xa teñen os eruditos nas súas mans as Poesías de Antonio de la Iglesia González (1822-1892), un dos homes que máis actuou na constitución do discurso literario do Rexurdimento, do que foi, tamén, un dos seus pioneiros importantes. Non é, sen dúbida, a poesía a faceta máis relevante deste home de Letras, pero xa era hora de que alguén nos ofrecese, nun volume, a súa obra poética dispersa, a inédita incluída. Chéganos da man dunha especialista, dunha autoridade na vida e na obra do polifacético don Antonio: a profesora María Rosa Saurín de la Iglesia. A presente colectánea consta de poemas que, no seu día, doou á nosa Academia dona Eladia de la Iglesia, pero tamén de composicións que obran no arquivo da propia investigadora.
A edición que a profesora Saurín nos ofrece destes 77 textos é a única plausible para lectores eruditos, principal destinatario das Poesías. A editora atense aos trazos lingüísticos gráficos de cada texto, tal como eles aparecen xa nas páxinas impresas, xa nos inéditos das páxinas manuscritas.
O volume conta cun prólogo de Xesús Alonso Montero.