O nome e o símbolo dos elementos químicos

O nome e o símbolo dos elementos químicos

Descargas

Colección

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-453-4325-4

Número de depósito legal (17)

C. 2921-2006

Data de publicación (11)

2006

Autores/as

Manuel R. Bermejo
Autor/a
Ana María González-Noya
Autor/a
M. Vázquez
Autor/a
Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega
Editor/a
Centro Ramón Piñeiro
Editor/a

Resumo

Pretendemos no presente libro desvelar o aparente misterio da orixe do nome dos elementos químicos que integran o sistema periódico. Dun modo sinxelo e ameno intentamos facer unha aproximación etimolóxica á orixe do nome dos elementos químicos.

A obra está dividida en tres capítulos e unha pequena introdución. Nela facemos unha aproximación histórica, dende a orixe dos tempos, á aparición dos chamados elementos metálicos clásicos, os elementos alquímicos e iatroquímicos e todos os elementos considerados como precientíficos. No capítulo sobre antecedentes históricos modernos da notación química presentamos algúns feitos históricos que permitiron agromar as normas de nomenclatura química, así como as normas sobre símbolos e formulacións químicas de Jöns Berzelius. No capítulo sobre as orixes dos nomes dos elementos químicos preséntanse unha serie de táboas que nos permiten agrupar os elementos químicos polos seus nomes en función dalgunha propiedade ou feito diferencial propio. No último capítulo analízase o porqué do nome e do símbolo de todos e cada un dos elementos e grupos de elementos descubertos ata hoxe e integrantes do sistema periódico.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.