Publicacións periódicas
O himno galego: documentos históricos 1890-1907
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Edición impresa
ISBN-13 (15)
978-84-8749-271-3
Número de depósito legal (17)
C. 4304-2007
Data de publicación (11)
2007
Resumo
Reprodución facsimilar da documentación histórica conservada en relación co nacemento e consolidación do himno galego: fotografías dos persoeiros fundamentais (Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Xosé Fontenla), correspondencia arredor do nacemento do himno, manuscrito poético autógrafo de Pondal (coas correccións suxeridas polo músico), prospecto orixinal do concurso de 1890 e, finalmente, a primeira partitura conservada. Os textos manuscritos van acompañados da correspondente transcrición.
Contido:
Aproximación á historia do Himno
Guía documental
- Correspondencia Pascual Veiga / Eduardo Pondal
- Manuscrito autógrafo d'Os Pinos coas derradeiras correccións e dúas novas estrofas (VIII e IX) que foron incorporadas ao texto definitivo
- Certame Musical de 1890
- Orfeón Coruñés Número 4
- Recorte, con corrección autógrafa de Pondal, do texto do poema
- Partitura do Himno Galego
- Carta de Xosé Fontenla Leal a Pascual Veiga [31 de maio de 1906]
- Carta de Pascual Veiga a Xosé Fontenla Leal [23 de xuño de 1906]
- Orixinais para a confección das pranchas da partitura de Pascual Veiga preparados en 1906-1907 por Xosé Fontenla Leal, “gravador litógrafo”, para os Apuntes para la historia del Centro Gallego de La Habana de 1879 á 1909 (La Habana, Imprenta "Avisador Comercial", de Miranda Lopez Seña y Ca., 1909), onde aparece publicada por vez primeira a partitura do Himno Galego
Descargas
Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.