Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Esta obra rescata o arquivo fraseolóxico e etnográfico de José Augusto Ventín Durán (Moscoso 1884-1942), e inclúe unha colección de 2618 refráns clasificados por temas (máis 74 refráns sobre Galicia e os galegos; 15 refráns espigados a eito na Celestina); 314 ditos e locucións; 173 pragas e outras fórmulas; varios alcumes xenofóbicos, topofóbicos e doutros tipos; 697 cantigas; 2 romances; 1 canto de xaneiras; o inicio dun estudo das afinidades entre o cantigueiro galego e o portugués e tamén o castelán; varias cantigas galego-fóbicas; 72 contos populares e 3 adiviñas. Remata con oracións populares, anotacións varias e bibliografía sobre a literatura galega.
O resultado é unha edición crítica de 470 páxinas, ás que lles hai que engadir as 66 páxinas do prólogo no que o equipo de edición formado por Xesús Ferro Ruibal, Raquel Rial Santos, Emma Mª Salgueiro Veiga e Ana Vidal Castiñeira estudan os manuscritos nos seus detalles, problemas e riqueza. A obra tamén inclúe unha nota biográfica feita por José Augusto Ventín Pereira, neto do autor.