Contos
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Emilia Pardo Bazán é, aínda hoxe, a escritora española con maior número de contos editados. Neste folleto, pequena achega para os seráns literarios “Os xoves da rúa Tabernas”, recompílanse unicamente catro, seleccionados entre os preto de seiscentos que coñecemos. Ante a imposibilidade de abarcar a riqueza de rumbos e de voos que a mirada e a pluma da escritora souberon condensar nesas pequenas historias, realizouse a selección entre os máis solicitados polos visitantes da Casa-Museo. Nos contos que se inclúen aquí queda patente esa actitude vital, sempre curiosa, que observa e comenta a vida que a rodea: por suposto está presente Galicia, e Marineda, nos contextos sociais e políticos da época; por suposto hai mulleres protagonistas, e corte realista, e análise psicolóxica, e mestría descritiva; pero sobre todo e por riba de todo, hai sensibilidade e un enorme espírito crítico.
Contén:
- Los adorantes
- Las medias rojas
- Poema humilde
- El abanico