Dicionario de pronuncia da lingua galega

Dicionario de pronuncia da lingua galega

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-87987-77-9

Número de depósito legal (17)

C. 2831-2010

Data de publicación (11)

2010

Autores/as

Real Academia Galega
Autor/a
Instituto da Lingua Galega
Autor/a
Xosé Luís Regueira
Coordinador/a

Resumo

Desde que o galego ten unha presenza importante nos medios de comunicación falados, diferentes voces veñen expresando a necesidade de desenvolver un modelo estándar para a lingua falada. Por necesidade real, por prestixio ou por razóns ideolóxicas, esta demanda é secundada probablemente pola maioría dos usuarios da lingua oral en situacións de formalidade, e sobre todo no discurso público, particularmente nos medios de comunicación falados ou nas artes escénicas. Este traballo ten o obxectivo de contribuír a satisfacer esa demanda nalgunha medida.

O obxectivo xeral deste proxecto é, fornecer un modelo de pronuncia das palabras galegas para o uso público da lingua. Desta maneira, este dicionario aspira a ser un instrumento útil para os profesionais dos medios de comunicación falados, así como para actores, dobradores e ensinantes, que teñen a alta responsabilidade de facerlle chegar á sociedade galega unha pronuncia digna e aceptable da súa lingua.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.