Dicionario galego de recursos humanos
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Poucos ámbitos da empresa son tan dinámicos e experimentaron tantos cambios nos últimos anos como o dos recursos humanos. Os procedementos de selección, as entrevistas, as modalidades de formación ou a xestión do persoal foron evolucionando para lograr a máxima produtividade dos traballadores e, con eles, das organizacións nas que prestan os seus servizos. Estes cambios incorporáronse tamén ao vocabulario dos especialistas en forma de neoloxismos —anglicismos na súa maioría— para os que agora propoñemos alternativas a fin de substituílos coas denominacións galegas que consideramos máis adecuadas.
Con este Dicionario galego de recursos humanos sumámonos ás iniciativas postas en marcha para normalizar o uso do galego nas empresas e contribuír á estandarización da súa terminoloxía baseándonos nos criterios de adecuación, pertinencia e precisión. Esperamos que sirva aos profesionais destas disciplinas para consultar as propostas galegas que se achegan para denominar algún concepto e que, ao mesmo tempo, os usuarios non especializados poidan obter a información conceptual necesaria para comprender debidamente o que está a designar cada termo.