Un museo de película

Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Un ano máis compartimos con todos vós un texto e unha imaxe relacionados coa Casa-Museo. Nesta ocasión seleccionamos, entre todas as actuacións que tiveron lugar ao longo do ano, a que está a suceder nestes momentos, quizais pola súa excepcionalidade.
O texto deste ano ten modos cinematográficos; son as primeiras escenas do guión para a película sobre Emilia Pardo Bazán que dirixe Zaza Ceballos. Un texto cheo de pinceladas reais, atraínte e ameno, que reproduce un retrato veraz da escritora, polo que mereceu a nosa colaboración. Deste xeito tamén, nesa fiestra aberta aos espectadores, neste soporte diferente, quedará inmortalizada a súa Casa.
Se un museo é o pazo das musas, este foi durante uns días a residencia de todas elas, convocadas para darlle vida ao universo íntimo de Pardo Bazán.