A lingua galega no Eo-Navia, Bierzo Occidental, As Portelas, Calador e o Val do Ellas: historia, breve caracterización e situación sociolingüística actual
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Esta obra presenta o estado da cuestión da lingua nosa no exterior da autonomía compostelá. Invade diversos territorios metodolóxicos e foca o obxecto de estudo desde distintos puntos de vista.
O primeiro, diacrónico. Nel o autor fai historia da lingua nos espazos estremeiros, incluída a explicación máis ben difícil do galego do Val do Ellas. Desde o segundo punto de vista, sincrónico, o profesor fai exposición descritiva das falas eonaviegas, ancarás, bercianas, das Portelas e de Calabor, e das dos tres concellos do Ellas. E iso segundo a metódica da dialectoloxía e da xeografía lingüística.
Finalmente, Xosé Henrique encara con decisión a actual realidade sociolingüística do galego exterior. Coa súa obxectividade, termina por denunciar a situación de subalternidade (verdadeira persecución nalgúns casos) en que se acha a lingua e a cultura nacional na Galicia exterior.
Este libro servirá par afortalar a reivindicación do noso idioma nos territorios estremeiros e será, sen dúbida, politicamente útil.