Aficiones peligrosas: Novela
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Aficiones peligrosas é a primeira novela de Emilia Pardo Bazán, escrita á idade de trece anos segundo o seu propio testemuño. A novela publícase a partir do manuscrito autógrafo conservado na Fundación Lázaro Galdiano, que dona Emilia entregou a José Lázaro en 1898, e que, aínda que se achaba disperso, púidose ordenar e reconstruír por completo. Esta obra coñecíase parcialmente −nunha edición corrixida− porque foi publicada en 1866 por entregas en El Progreso de Pontevedra. Consta de dez capítulos e epílogo dos que, até o momento, só se editaran os dous primeiros e parte do terceiro, do cuarto e do quinto, mentres que o resto da novela permanecía inédito. Agora preséntase na primeira versión, a que recibiu Lázaro, o editor e amigo que non publicou a obra, tal vez por expreso desexo da autora, pero que conservou o manuscrito como un recordo persoal e un testemuño do talento precoz de Emilia Pardo Bazán.