Cincuenta aniversario do Día das Letras Galegas: cincuenta carteis, cincuenta deseñadores, cincuenta escritores: A volta ás letras en cincuenta días
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Neste 17 de maio tomamos a iniciativa, en liberdade, asumindo os riscos da propia creación. Os deseñadores realizamos cincuenta carteis; os escritores, cincuenta propostas microliterarias, cincuenta aturuxos, coma quen di. Os impresores ocupámonos da tiraxe de mil unidades de cada peza, de realizar mil coleccións de cincuenta carteis cada unha, nun total de cincuenta mil exemplares impresos, aos que contribuímos tamén os papeleiros. Os editores achegamos o resultado a colexios, bibliotecas e librarías en todo o país. Profesores, bibliotecarios e libreiros organizamos e convocamos exposicións posibles en Galicia enteira. Velaquí unha iniciativa conxunta de colaboración coa Real Academia Galega, na que está o Faro de Vigo con esta publicación que recolle A volta ás letras en cincuenta días. Velaquí unha suma de entendemento e cooperación entre once entidades e institucións, cincuenta deseñadores e cincuenta escritores.