Apuntes de un viaje: de España a Ginebra
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
O primeiro día de xaneiro de 1873 Emilia Pardo Bazán, acompañada do seu home, dos seus pais e dun dos seus tíos, emprendía desde Ourense unha longa viaxe, con destino previsto en Xenebra. A noticia desta viaxe non era descoñecida na biografía da escritora coruñesa, pois ela mesma o mencionou en varias ocasións. Menos coñecido é o dato de que a moza Emilia (con pouco máis de 21 anos e que ata entón só publicara algúns relatos e versos) foi recollendo as súas impresións de viaxeira nun texto de carácter privado.
Este texto nunca chegou a publicarse; pero a súa autora, afortunadamente, conservouno entre os seus papeis, e o mesmo fixeron os seus herdeiros, de modo que o manuscrito se garda hoxe no Fondo Documental de Emilia Pardo Bazán arquivado na Real Academia Galega. De se publicar, este sería o primeiro libro da nosa autora. Tempo é xa de dar a lume estes Apuntamentos, inéditos aos cento corenta anos de seren escritos.