Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas / O Pergamiño Vindel

Bañarnos emos nas ondas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-87987-91-5

Número de depósito legal (17)

VG. 89-2014

Data de publicación (11)

2014

Autores/as

Martin Codax
Autor/a
Henrique Monteagudo
Editor/a literario/a
Real Academia Galega
Editor/a
Xunta de Galicia
Editor/a
Parlamento de Galicia
Editor/a

Resumo

Hai cen anos que as cantigas de Martin Codax (como tales cancións) foron descubertas por Pedro Vindel, un libreiro, que, co seu olfacto bibliográfico, arrincou da envoltura dun trivial códice latino do século XIV un corpus literario-musical que sospeitaba extraordinario. Sospeitaba ben, como non tardou en confirmarllo un erudito pontevedrés chamado Víctor Said Armesto. De todo isto −e doutras cuestións− fala, neste volume, Henrique Monteagudo, especialista no tema e nas disciplinas filolóxicas que avalan os seus estudos, as súas edicións e as súas traducións.

Neste xeitoso volume, ademais dos facsímiles oportunos das “edicións” medievais e dun estudo impar de Giuseppe Tavani, ofrécense as versións dos sete poemas en oito idiomas para que a voz de Martin Codax chegue aos letraferidos de moitos outros países. A Academia, que tantas veces se interesou polo delicado cancioneiriño de Martin Codax, non podía estar allea ao centenario do Pergamiño Vindel.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.