Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro

Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
O xoves, 16 de xaneiro presentouse publicamente o descubrimento de textos poéticos inéditos de Rosalía de Castro. Trátase de manuscritos autógrafos que conteñen versos descoñecidos seus (poemas e fragmentos) e que botan nova luz sobre os inicios da súa carreira poética en galego e -dun xeito especialmente revelador- sobre os últimos pasos da súa obra en castelán.
É esta unha novidade que pon un brillante ramo ás conmemoracións do ano do sesquicentenario de Cantares gallegos e que sen dúbida será de grande interese tanto para os investigadores e investigadoras da obra rosaliana coma para a xeneralidade do público galego, dada a significación especial da autora.