No 80 aniversario do ingreso de Castelao e Antón Villar Ponte na Real Academia Galega: dossier de prensa
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Os días 24 e 25 de xullo de 1934 a Academia Galega recibía como membros de número a dous senlleiros representantes dunha xeración que viña realizando unha achega decisiva na modernización da lingua e a cultura, e en definitiva, da nación galega: Antón Villar Ponte, o promotor das Irmandades da Fala e un dos xornalistas máis brillantes daquel tempo, que na data de ingreso na Academia contaba con cincuenta e tres anos, e Afonso Daniel Rodríguez Castelao, artista plástico e escritor, que contaba naquel momento corenta e oito anos. Con estes ingresos, a corporación fundada por Manuel Murguía tendía novamente a man a aquel vizoso grupo renovador da cultura galega que hoxe coñecemos como Xeración Nós; outros dous prominentes membros desta, Vicente Risco e Ramón Otero Pedrayo, xa ingresaran na Academia en 1929.
Na publicación dixital que presentamos para conmemorar a efeméride ofrécese unha colleita de noticias referentes a eses ingresos aparecidas en distintas publicacións da época, tanto da Galicia metropolitana (El Pueblo Gallego e La Voz de Galicia) coma da emigración (Madrid, A Habana, Montevideo).