No sesquicentenario do nacemento de José Fontenla Leal: (Ferrol, 12 de febreiro de 1864 – A Habana, 5 de decembro de 1919)

Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Hoxe, 12 de febreiro de 2014, hai cento cincuenta anos que naceu, en Ferrol, un cidadán a quen as institucións galegas deberían tributar o seu recoñecemento e, dun xeito especial, a Real Academia Galega. Foi el, José Fontenla Leal, aquel humilde litógrafo, quen participou en canta actividade protagonizaron os galegos de Cuba a favor do coñecemento e do progreso de Galicia. A Cuba emigrara este ilustre cidadán das mellores causas galegas cando aínda era un neno. Xa adulto, Galicia, o país deixado para sempre na súa infancia, foi o seu norte, o seu compromiso e o centro dos seus soños.
No sesquicentenario do seu nacemento, a Academia réndelle tributo a quen foi, desde A Habana, un dos principais impulsores do nacemento desta institución.