Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento"
Resumo
A Asociación Galega de Onomástica (AGOn) en 2002, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas dedicado a Martín Sarmiento, organizou na Universidade de Compostela o I Congreso Internacional de Onomástica Galega “Frei Martín Sarmiento”. As actas recollen diferentes estudos sobre múltiples aspectos que fan referencia á onomástica. No congreso faise unha mención especial ao traballo realizado no Proxecto Toponimia de Galicia, iniciado dous anos antes.
Na programación do congreso establecéronse cinco seccións temáticas: I Toponimia, II Antroponimia, III Os outros nomes, IV Onomástica literaria e V Padre Sarmiento, onomástico. Na terceira sección, baixo o epígrafe de "os outros nomes", pretendeuse chamar a atención sobre un campo pouco traballado pola investigación onomástica galega: o dos nomes propios que denominan, individualizándoas, entidades non humanas, tales como edificios, vehículos (nomeadamente barcos) ou animais, domésticos ou non. Coa sección V, e co título xeral do congreso, os organizadores quixeron sumarse ás homenaxes dedicadas nese ano ao sabio bieito, que foi o iniciador, hai dous séculos e medio, dos estudos de onomástica galega.
Capítulos
-
Limiar
-
Sarmiento e a Onomástica
-
Ayroa, Riazón, Lagosteiras, Oiteiro. Algúns procesos de cambio lingüístico testemuñados en apuntamentos onomásticos de Martín Sarmiento
-
O padre Sarmiento e a estirpe galega do poeta lusíada Camões
-
Sarmiento toponomástico. O topónimo Mezquita
-
A escolla dos nomes en Galicia a finais do século XX
-
Sobrenomes en documentos betanceiros dos séculos XII-XVI
-
Apellidos italianos derivados de topónimos: entre distribución territorial e investigación etimológica, aspectos morfológicos, motivaciones históricas y nuevas propuestas clasificatorias
-
A Descensão de María
-
Sobrenomes na parroquia de Miñotos (Ourol, Lugo)
-
Os alcumes na antroponimia medieval en Santiago de Compostela (1232-1399)
-
Unha cala na onomástica galega rural: os nomes da parroquia de Berdoias do século XVII ó XXI (extracto)
-
A antroponimia galaica: addenda et corrigenda
-
Aproximación ao estudo formal dos alcumes de Leirado (Salvaterra de Miño - Pontevedra) e Vilaverde (Santa María de Quins, Melón - Ourense)
-
Génese e actualidade da antroponímia galego-portuguesa. Alguns dos mais antigos textos escritos em galego-portugués
-
Patróns fónicos dos nomes de persoa
-
Os nomes de casa da Amil (Moraña)
-
Os sobrenomes toponímicos nas Fontes documentais da Universidade de Santiago de Compostela nos séculos XIII e XIV
-
Estudo dos alcumes de catro localidades galegas
-
Cartografía dos apelidos de Galicia: presentación do proxecto
-
Os nomes de casa do Buriz
-
O réxime legal da imposición e cambio do nome e dos apelidos
-
Os alcumes nas Encrobas
-
Aproximación á microtoponimia da beira do mar no Concello e Ribeira
-
Topónimos galegos en -ollo de probable orixe prerromana
-
Microtoponimia viaria nos concellos de Ames e Val do Dubra
-
Topónimos medievais en Terra de Nóvoa (Carballeda de Avia)
-
Hábitos de adaptación fonética das vogais medias nos topónimos estranxeiros
-
Fenomenoloxía toponímica de Galicia
-
Aproximación á toponimia menor de Painceiros
-
Terminoloxía toponímica relativa á arquitectura civil na documentación altomedieval de Galicia
-
Achega á toponimia menor da parroquia de Atán (Santo Estevo) (Pantón - Lugo)
-
Naonimia galega. Denominación dos barcos de pesca rexistrados en Vigo desde 1876
-
Nomes das vacas en Galicia
-
Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións
-
Reflexións verbo da naonimia de Galicia
-
Os nomes das vacas na comarca da Ulloa
-
Os nomes das vacas en Santo Estevo
-
Samain versus Halloween, cultura e mercancías: nomes na tradución de Harry Potter
-
A autorrepresentación onomástica na obra de Álvaro Cunqueiro
-
A toponimia na fraseoloxía galega
-
Os irmáns Corazón de León: nomes propios adaptados ou manipulados. Hibridación onomástica
-
Dígocho Xan, Enténdemo Pedro. Os antropónimos na fraseoloxía galega
-
La onomástica en Asturies: situación actual y perspectivas
-
Antroponímia e toponímia. Sobre alguns autores de referência e desideratas
-
L’ús social dels exònims
-
Normalització i oficialització de la toponímia
-
Proxecto Toponimia de Galicia
-
Metodoloxía da enquisa toponímica: materiais e procedementos
-
Toponimia en Santiago de Compostela, un núcleo urbano no mundo rural
-
A toponimia nas montañas do sueste ourensán
-
Proxecto de toponimia no sueste ourensán
-
A toponimia na Terra Chá lucense no Concello de Guitiriz
-
A toponimia na comarca de Sarria
-
Xestión da base de datos do Proxecto Toponimia de Galicia
-
Criterios da Comisión de Toponimia
-
Griegos, romanos y «bárbaros» en la toponimia paleohispánica