Apuntes para una bio-bibliografía documentada de Rosalía de Castro: memoria final descriptiva de la investigación realizada por el becario Fermín Bouza-Brey Trillo 1970-1971
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
A Real Academia Galega hónrase en presentar un texto longamente inédito, só coñecido e accesible para uns poucos investigadores, dun dos principais estudosos da obra de Rosalía de Castro, académico numerario da nosa corporación: Fermín Bouza Brey. Trátase da memoria coa que xustificou a bolsa de estudos que lle concedera a Fundación Barrié de la Maza no curso 1970-71 para afondar nas súas pescudas sobre a biografía de Rosalía de Castro, terreo no que realizara valiosísimas achegas nas décadas anteriores. Malia o tempo transcorrido desde a súa elaboración, e a pesar de que o texto ten sido utilizado por varios especialistas rosalianos, a Real Academia Galega considerou por unha parte de xustiza e por outra de utilidade dar a coñecer este interesante traballo.