Tempo das Irmandades. Antoloxía de poesía
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
A organización dos materiais desta antoloxía orientouse arredor do proceso das diferentes respostas que os diferentes autores viñeron dar ao chamamento de renovación e posta ao día da nosa literatura lanzado desde os sectores máis dinámicos das Irmandades da Fala.
Así pois, a organización vén xirar arredor deses tres (catro) eixes fundamentais:
– Representantes da dirección tradicionalista: e de aí os nomes de Noriega Varela e Crecente Vega.
– “Estética nacional”: desde logo, Ramón Cabanillas ocupa a maior parte desta opción; ao seu lado xorden os nomes de Gonzalo López Abente e Victoriano Taibo.
– “Vangarda enxebre”: Luís Amado Carballo, pero tamén Euxenio Montes, Manuel Luís Acuña, Eduardo Blanco Amor e Xosé Otero Espasandín conforman o conxunto.
– “Vangarda rupturista”: con certeza, Manuel Antonio; canda del, Álvaro Cunqueiro e Federico García Lorca.
Dous autores de máis complexa adscrición –Roberto Blanco Torres e Fermín Bouza Brey– completan a nosa selección: unha escolma representativa das principais direccións polas que transitou a poesía galega no tempo das Irmandades e que perduran no tempo para conformaren un apartado esencial no patrimonio das nosas letras.