Toponimia de Agolada
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Con este volume, da autoría da especialista Luz Méndez, a Real Academia Galega inaugura unha colección que a nosa institución vai elaborar e realizar co máximo coidado: Terra Nomeada. Non merece menos a tarefa de descubrir e explicar o nome dos lugares que, por teren un nome, o que sexa, teñen dereito ao seu nome, ao verdadeiro. Sabido é que aínda hoxe, no mapa dos rótulos e indicacións de aldeas, parroquias, ríos, regueiros, montes etc., hai nomes deturpados, verdadeiros pseudónimos no sentido etimolóxico (‘falsos nomes’). Traballos rigorosos como o presente erradican esas deturpacións e satisfán as esixencias de cantos se interesan polo étimo dos topónimos (algúns moi problemáticos), polas circunstancias xeográficas ou históricas nas que emerxen, pola súa relación coa toponimia doutras terras galegas ou foráneas etc. Son temas que aborda no seu limiar o profesor Antón Santamarina, tan versado nos saberes onomásticos.
A Real Academia Galega séntese moi orgullosa do seu Seminario de Onomástica e agradece a Luz Méndez o excelente traballo que nos presenta nesta publicación.