Las medias rojas
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Esta publicación nace a partires dun proxecto sobre ilustración levado a cabo no Instituto de Educación Secundaria de Quiroga, na materia de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, durante o último trimestre do ano 2016. Encargouse ao alumnado de Cuarto Curso da E.S.O. a realización das ilustracións dun relato, para así coñecer como é o traballo dos ilustradores profesionais. O relato escollido, suxerido pola profesora Eva Teijeiro, foi “Las medias rojas”, unha obra de Emilia Pardo Bazán que resultou perfecta para o labor destes ilustradores tan novos. Os rapaces leron o relato, estudaron a súa estrutura, analizaron obras doutros ilustradores, fixeron bosquexos, e finalmente realizaron as ilustracións, empregando nelas varias técnicas artísticas. Houbo que facer unha selección dos traballos, xa que todos non terían cabida nesta pequena publicación, pero tanto os escollidos coma os que quedaron fóra, amosan a creatividade e interese pola expresión artística do alumnado. Finalmente, foron os responsables da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, en especial Xulia Santiso, os que nos animaron e fixeron posible que esta publicación vira a luz.