Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
O volume Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos recolle a totalidade dos testemuños manuscritos da obra poética rosaliana realizados do seu propio puño e letra. Iníciase cun estudo introdutorio, seguido dun inventario exhaustivo deses testemuños e da reprodución fotográfica de todos eles, acompañada de cadansúa transcrición, debidamente anotada.
En conxunto, os testemuños abranguen un período que vai desde 1860 aproximadamente ata 1885, e cobren todas as facetas da obra poética rosaliana, pois uns están relacionados coa súa obra inicial en galego, Cantares gallegos, outros con Follas novas (os menos), e bastantes deles con En las orillas del Sar. É notable o grupo de poemas orixinais da autora pouco coñecidos, incluíndo o embrión dun libro titulado Postrimerías, que nunca chegaría a rematarse. Tamén son moi interesantes os testemuños do seu labor como folclorista (recolla de coplas e cantares populares).