Lingua e sociedade en Galicia: resumo de resultados 1992 - 2016
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Este traballo inscríbese nunha liña de investigación emprendida pola Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración co Seminario de Sociolingüística da RAG, que cristalizou na publicación A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Posteriormente o Observatorio da Cultura Galega do CCG actualizou este traballo co estudo O idioma galego na sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2008. Ambos os dous traballos utilizan como punto de partida as bases de datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia de 1992 (MSG-1992) do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e constrúen a serie temporal co ‘Módulo de coñecemento e uso do galego’ de periodicidade quinquenal incluído na Enquisa estrutural a fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE).
A presente publicación é un resumo e unha actualización de resultados do último traballo publicado polo Seminario de Sociolingüística da RAG que leva por título Lingua e Sociedade. A evolución sociolingüística 1992-2013 (dispoñible nesta ligazón). Para este documento eliminouse toda referencia bibliográfica do texto co fin de facilitar a súa lectura. Pódese consultar a bibliografía utilizada acudindo ao traballo orixinal.