Natureza de illa: homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Celebramos nesta plaquette a luminosa escrita de Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1929 - Vigo, 2017), poeta, dramaturga, narradora, ensaísta, pioneira da radio en galego, académica da Real Academia Galega. Luminosa pois emite luz e ten natureza de luz. Do seu primeiro poemario, Do sulco (1957), seguido por Estacións ao mar (1980) e Tempo de ría (1992), ao último publicado en vida, Elexías a Lola (2016), a voz singular de Xohana resoa, apreixando o fulgor das paisaxes galegas, escaravellando no máis fondo dos pensamentos.
Once poemas, nove recitados por poetas e amizades de distintas xeracións, dous cantados, revelando a música interior, un fragmento teatral, e mais breves ensaios ou cartas de amor, honran a vida e a escrita de Xohana Torres, natureza de illa, natureza de luz, irreverente, señora dos mapas e dos mares.
Índice
- Víctor F. Freixanes. Memoria de Xohana Torres
- Marilar Aleixandre . Gardiana do salitre. Homenaxe a Xohana Torres
- Ana Romaní. Xohana Torres: incesante resplandor
TEXTOS
- Euloxio R. Ruibal, Ánxela G. Abalo e Gustavo Pernas. A outra banda do Íberr
- Tamara Andrés. É a forza crúa do sol
- Xosé Manuel Beiras. Sueiro
- Berta Dávila. Poesía, convicta natureza de illa
- Xosé Luís Franco Grande. As doce do día
- Margarita Ledo. A dura maxestade do silencio
- Carlos Negro. Ofelia
- Ánxeles Penas. ¿E todo para que corazón meu?
- Luz Pozo Garza. O mar, o mar, os signos estelares
- Ismael Ramos. Vaga inicial do inverno
DÚAS CANCIÓNS PARA XOHANA
- Guadi Galego e Guillerme Fernández
- Nai
- Penélope
- Xesús Alonso Montero. Xohana Torres, unha voz auroral