Alfredo de la Iglesia. O intelectual, o educador e o autor do primeiro manual de Literatura Galega para escolares de instituto (1919)
Descargas
Colección
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Publícase este estudo, o primeiro sobre a personalidade intelectual de Alfredo de la Iglesia, oitenta e cinco anos despois do seu pasamento. Non é doada a explicación, sobre todo se temos en conta que a documentación pertinente, moi abundante, obra nun arquivo tan coñecido e asequible como o da Real Academia Galega.
Certo día o autor bateu cun texto de don Alfredo insospeitable naquel tempo: un manual de Historia de la Literatura Gallega escrito para os seus alumnos do Instituto de Pontevedra en xaneiro de 1920, alumnos ós que, desde había algún tempo, lles explicaba esta materia non contemplada, daquela, nos programas oficiais de ensino medio. Era unha experiencia pedagóxica, estraña na Galicia do seu tempo, que non tiña precedentes.