Poesía reunida
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
A figura de Samuel Eiján marca un fito no eido da poesía relixiosa galega. A nosa escrita de comezos do século XX tivo na súa voz unha referencia de primeira orde e como tal foi saudado pola prensa e estudosos daquela hora.
Reúnense nesta edición todos os poemarios do autor publicados no noso idioma: Mágoas, na súa edición de 1902 e 1913; D’a-y-alma, aparecido en 1915, e Froliñas de San Francisco, dado á luz en 1926. A estes súmanse os versos galegos de Aleteos, tamén de 1926. Por xunto conforman esta Poesía reunida, un volume non só de interese certo pola vizosidade e pluralidade das súas propostas estéticas, senón tamén pola larganza das composicións aquí compiladas, que se contan por ducias.
Contido
Presentacións
- Mirando cara a Fr. Samuel Eiján
José Antonio Castiñeira Chouza Ministro da Provincia Franciscana de Santiago - Poesía da transcendencia
Valentín García Gómez Secretario xeral de Política Lingüística - Celebración e descuberta
Víctor F. Freixanes Presidente da Real Academia Galega
Estudo introdutorio
- Redescubrindo a Fraysel. Contexto sociopolítico e pensamento dun expoñente da poesía relixiosa galega do primeiro terzo do s. XX
Francisco Leira Castiñeira - A teopoética de Samuel Eiján: da Terra ao Ceo
Armando Requeixo
Nota de edición
Poesía reunida
- Mágoas (1902)
- Mágoas (1913)
- D'a-y-alma (1915)
- Froliñas de San Francisco (1926)
- Outros poemas (1926)