Rosalía de Castro na Real Academia Galega

Rosalía de Castro na Real Academia Galega

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-10 (02)

84-87668-23-2

Número de depósito legal (17)

C. 1799-2006

Data de publicación (11)

2006

Autores/as

Xesús Alonso Montero
Editor/a literario/a

Resumo

Non se pode facer a historia do rosalianismo sen termos en conta, moi en conta, certos discursos de ingreso na Real Academia Galega. Uns céntranse na vida ou na obra de Rosalía e outros fan incursións nalgunha das súas facetas. Tres, polo menos, son capítulos fundamentais da crítica rosaliana: o de Otero Pedrayo (1929), modelo de interpretación conmovedora; o de Carballo Calero (1958), modelo de erudición esclarecedora, e o de Luz Pozo Garza (1996), un singular ensaio poético no que a autora se nos revela como unha gran rosalióloga, mellor aínda, como alguén que escribe sobre a vida e a poesía de Rosalía de Castro desde o seu mesmo "logos".

Nesta ocasión limitámonos a ofrecer páxinas dos discursos de nove académicos lidos, de 1907 a 1996, nas correspondentes sesións de ingreso. Deste xeito, a Fundación Rosalía de Castro homenaxea á Real Academia Galega no ano do seu centenario.

 

Índice

  • Rosalía na Academia
    Xesús Alonso Montero
  • El renacimiento en la poesía regional (1907)
    José Antonio Parga Sanjurjo
  • A saudade nos poetas galegos (1920)
    Ramón Cabanillas
  • Romanticismo, saudade, sentimento da raza e da terra en Pastor Díaz, Rosalía de Castro e Pondal (1929)
    Ramón Otero Pedrayo
  • Rosalía de Castro, precursora da Fala (1948)
    Victoriano Taibo
  • El sentimiento Iírico materno en la pintura de Ovidio Murguía (1951)
    José Luís Bugallal Marchesi
  • Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1958)
    Ricardo Carballo Calero
  • Nova aproximación a unha filosofía da saudade (1980)
    Andrés Torres Queiruga
  • Diálogos con Rosalía (1996)
    Luz Pozo Garza
  • Resposta ó discurso de Luz Pozo Garza (1996)
    Xesús Alonso Montero
  • Esa luz envolvente e misteriosa
    Helena Villar Janeiro

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.