A literatura galega na ollada de Emilia Pardo Bazán: Antoloxía de textos
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
O presente traballo é unha colectánea moi significativa de artigos da Pardo Bazán sobre as letras galegas, nomeadamente as do XIX. Boa parte delas tómaas o noso antólogo do libro De mi tierra (1888) ou das páxinas da Revista de Galicia, dirixida pola propia dona Emilia. Outros foron publicados en revistas e xornais pouco accesibles (La Ilustración Artística, Diario de la Marina, La Nación, El Noroeste…). Certamente, os artigos que González Prieto nos ofrece -algúns pouco frecuentados- permítennos coñecer, no esencial, o que dona Emilia pensaba do rexurdir literario de Galicia.
Os textos reproducidos, gran parte moi pouco coñecidos, son unha invitación para que nos asomemos con interese a esa parcela da obra literaria de dona Emilia na que esta intelectual galega produciu páxinas moi intelixentes sobre as letras galegas do XIX e comezos do XX.