Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo

Polos camiños das horas

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Formato (01)

Edición impresa

ISBN-13 (15)

978-84-17807-04-7

Número de depósito legal (17)

C. 1325-2020

Data de publicación (11)

2020

Autores/as

Ricardo Carballo Calero; Ramón Otero Pedrayo; Henrique Monteagudo; Patricia Arias Chachero; Nélida Cosme Abollo; Adrián Estévez Iglesias

Resumo

O presente volume é algo máis ca un epistolario. Iníciase este o 30 de abril de 1949 cunha carta de Carballo Calero, que residía en Ferrol desde 1941, data na que saíu do cárcere de Santa Úrsula (Xaén). Este dato debe lerse en clave dramática: o escritor Ricardo Carballo Calero, amigo e camarada de Ramón Otero Pedrayo anos antes do 36, non tivera relación con el durante un longo período de oito anos (1941-1949). Por fin, os dous vellos galeguistas, os dous intelectuais que se admiraban mutuamente, encóntranse, despois de trece anos, en Ferrol.

A publicación deste volume permite achegarnos un pouco máis a dúas personalidades senlleiras da cultura galega a través dun diálogo inter pares recollido en 167 documentos escritos durante vinte e seis anos. A historia dunha relación entre dous amigos que se respectaban, admiraban e querían.

O intercambio epistolar entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero sérvenos para coñecer de primeira man a situación entre 1949 e 1974 na Editorial Galaxia, a Universidade de Santiago de Compostela ou a Real Academia Galega, mais tamén para acceder a aspectos máis persoais das súas biografías ou mesmo a súa implicación en proxectos culturais.

 

Logo da Xunta de Galicia e o Parlamento

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.