Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
ISBN-13 (15)
Número de depósito legal (17)
Data de publicación (11)
Resumo
Este proxecto desenvolveuse durante o curso 2018-2019 e ten como obxectivo presentar os resultados dunha avaliación da competencia bilingüe (i.e. galego e castelán) dos escolares galegos ao finalizar a educación secundaria obrigatoria atendendo ao disposto no Decreto 79/2010 (Disposición adicional 2ª).
A análise céntrase nas destrezas de produción oral e escrita, por considerar que son as que informan mellor sobre a capacidade comunicativa dos individuos nas dúas linguas oficiais. Complementariamente explórase a competencia léxica e gramatical a través de probas centradas máis en saberes sobre as linguas ca na capacidade para activar eses saberes en contextos comunicativos auténticos.
Os resultados obtidos póñense en relación con variables sociodemógraficas, sociolingüísticas e escolares para comprobar o efecto que teñen sobre as diferentes competencias avaliadas. Por último, analízase o perfil competencial dos estudantes e a influencia que tiveron na súa configuración o contexto familiar, pedagóxico e sociolingüístico.