Emilia Pardo Bazán. De nena lectora a escritora universal: unidade didáctica
Categorías
Detalles sobre o formato de publicación dispoñible: Unidade profesorado
Formato (01)
Data de publicación (11)
Resumo
Sinalarium é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña no que traballa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para desenvolver actividades e recursos que potencien a difusión da vida e a obra da escritora coruñesa.
A través do programa Sinalarium propoñémonos visibilizar a súa figura, achegala aos máis novos e poñer en valor as mulleres como pezas fundamentais na configuración da sociedade galega, de xeito que se recoñeza o seu papel social, artístico e cultural.
A programación que aquí vos presentamos, destinada a 4, 5 e 6 de primaria, xira arredor da biografía da escritora coruñesa: unha escritora cuxa maneira de vivir e de pensar está máis preto do noso século que do século XIX en que ela naceu. Coa finalidade de divulgar a súa vida, descubrila e coñecela, dirixímonos a vós, ao profesorado e ao alumnado de educación primaria, para ofrecervos un chisco de Emilia que vos axude a traballar a figura da escritora nas aulas.
Estas actividades, pensadas para realizar no interior da escola, poden ser o paso previo á visita da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Achegan unha visión íntima da escritora, porque sen coñecer a vida é difícil coñecer a súa obra.