Emilia Pardo Bazán. O despertar dunha escritora: unidade didáctica

Emilia Pardo Bazán. O despertar dunha escritora

Detalles sobre o formato de publicación dispoñible: Unidade profesorado

Unidade profesorado

Formato (01)

Edición dixital

Data de publicación (11)

2020

Autores/as

Patricia Angulo Miró
Autor/a

Resumo

Sinalarium é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña no que traballa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para desenvolver actividades e recursos que potencien a difusión da vida e a obra da escritora coruñesa.

A través do programa Sinalarium propoñémonos visibilizar a súa figura, achegala aos máis novos e poñer en valor as mulleres como pezas fundamentais na configuración da sociedade galega, de xeito que se recoñeza o seu papel social, artístico e cultural.

A programación que aquí vos presentamos, destinada a 1, 2 e 3 de primaria, xira arredor da biografía da escritora coruñesa: unha escritora cuxa maneira de vivir e de pensar está máis preto do noso século que do século XIX en que ela naceu. Coa finalidade de divulgar a súa vida, descubrila e coñecela, dirixímonos a vós, ao profesorado e ao alumnado de educación primaria, para ofrecervos un chisco de Emilia que vos axude a traballar a figura da escritora nas aulas.

Estas actividades, pensadas para realizar no interior da escola, poden ser o paso previo á visita da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Achegan unha visión íntima da escritora, porque sen coñecer a vida é difícil coñecer a súa obra.

 

Deputación da Coruña

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.