«Contaria-vos as muy grandes tormentas que sofreu o moço...»: Conmemoración do 800 aniversario do nacemento do rei Afonso o Sabio
Descargas
Categorías
Detalles sobre esta monografía
Formato (01)
Número de depósito legal (17)
Resumo
A cantiga 115, coas súas 30 estrofas, é coñecida tradicionalmente como a máis extensa do corpus marial afonsino. Nela relátase o milagre dun neno que viaxa durante varios anos buscando a salvación antes da chegada do Demo para levalo consigo, anunciada para ao seu décimo quinto aniversario.
Para este concerto, acometeuse o reto de facer atractiva unha peza tan especial coma esta a unha audiencia actual, se cadra non sempre afeita á súa linguaxe, ao contido, á lonxitude da súa narración e á súa melodía estrófica.
A Real Academia Galega agradece a colaboración para a elaboración deste programa de man de Ricardo Pichel e da comisión organizadora do Congreso «Contarte he maravillas...». Congreso internacional de estudios medievales hispánicos en honor a Joseph T. Snow (Madrid, 25-29 de outubro de 2021).