Saúde e Terra, irmá(n)s! Guía da exposición

Saúde e Terras, irmá(n)s!

Descargas

Categorías

Detalles sobre esta monografía

Data de publicación (11)

2016

Autores/as

Real Academia Galega
Autor/a

Resumo

O nacemento hai cen anos das Irmandades da Fala iniciou un poderoso salto adiante non só na traxectoria do galeguismo político senón tamén na lenta normalización social da lingua e da cultura propias de Galicia e no desenvolvemento dun segundo e máis completo rexurdimento das letras, as artes e as ciencias galegas. Moitos caracteres da nosa sociedade actual que conforman a personalidade singular de Galicia e que hoxe consideramos case tan naturais como a paisaxe, dende a autonomía e o seu sistema diferenciado de partidos políticos pola presenza do nacionalismo até o ensino de e en galego e a súa cooficialidade pasando pola existencia dunha alta cultura asemade enxebre e moderna, non se daban en 1916 e, se hoxe os temos, é polo labor, duro e a contracorrente, dos homes e mulleres das Irmandades primeiro e do Partido Galeguista despois.

Xa que logo, é de xustiza que as novas xeracións coñezan e recoñezan o moito que lles debemos en tantos eidos.

Guía da exposición conmemorativa do centenario da fundación das Irmandades da Fala.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.